A autopsia confirma o falecemento do noiés Antonio Barreiro no “Argos Georgia”

08 Agosto 2024

O Goberno informou de que as autopsias realizadas no Reino Unido aos corpos rescatados no afundimento do Argos Georgia nas Illas Malvinas revelaron que un deles é Antonio Barreiro, veciño de Noia.

A Delegación do Goberno en Galicia detallou este xoves que se completou a identificación dos corpos dos tres españois falecidos no naufraxio.

Son os galegos César Acevedo, veciño de Vigo e patrón de pesca do barco; Santiago Leyenda, de Baiona (Pontevedra) e cociñeiro principal da embarcación; e o tripulante de Noia (A Coruña) Antonio Barreiro, o único que quedaba por identificar.

O mariñeiro desaparecido é o veciño de Ribeira, Juan Antonio García Rey, ‘Pichón’, relevo de máquinas.

A autoridade británica expediu certificados de defunción provisionais para proceder a autorizar a repatriación, da que aínda non se concretou data.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou sobre isto ás familias e á Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.