Comezaron as obras de mantemento e mellora na Casa da Cultura de Outes

08 Agosto 2024

O Concello de Outes informou esta semana do inicio dos traballos para mellorar e acondicionar o edificio da Casa da Cultura, poñendo o foco na estética do mesmo (nunha primeira fase dos traballos). As tarefas a desenvolver inclúen o lavado total das fachadas do edificio e a pintura da fachada principal e teitos exteriores. Segundo engadiron fontes do Consistorio, “o obxectivo desta primeira fase é manter e coidar este edificio municipal tan importante na dinamización cultural do concello e embelecer a contorna”. As obras encádrase no plan de mantemento e coidado de edificios municipais impulsado polo actual equipo de Goberno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.