A 61ª Regata Rías Baixas aposta pola Pobra como o seu porto seda na provincia da Coruña

06 Agosto 2024

C.P.

A Pobra do Caramiñal eríxese un ano máis como un dos portos de referencia da Regata Rías Baixas na súa 61.ª edición, sendo a única localidade participante da provincia da Coruña.
A concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, remarcou a aposta que se fai dende a Administración local para “enxalza-lo noso mar e a nosa cultura mariñeira. Contamos con regatas de bateis, traíñas, turismo mariñeiro,
viaxes en veleiro… E este é un exemplo máis do apoio da Concellaría do Turismo a todo o que ten que ver co noso mar.” Tamén sinalou que esta é unha oportunidade para dar a coñecer entre a tripulación, cando arribe no 15 de agosto no concello pobrense, a paisaxe, patrimonio e gastronomía do municipio.
Pola súa parte, o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, destacou que esta nova convocatoria une dous aspectos moi particulares: é unha proba deportiva de altísimo nivel con participantes
que gañaron na 42 Copa del Rey MAPFRE e tamén ten a faceta turística ao aproveitar para coñecer moitos dos pobos do litoral polo que discorre esta travesía a vela. “A Pobra é imprescindible para o Rías Baixas e para os
participantes nesta regata”, como así constatan as enquisas que realiza o ente organizador.
Tomarán parte entre 50 e 60 embarcación que completarán as seguintes etapas: Vigo-Combarro, Combarro-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal-Combarro, Combarro-Vigo e Vigo-Vigo.

Outros artigos

A conselleira do Mar destaca en Ribeira a calidade da nosa centola

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu hoxe á descarga de centola na Lonxa de Ribeira, coincidindo cos primeiros días da campaña extractiva 2026-2027, que comezou o pasado luns, 9 de novembro. Durante a visita, destacou "a calidade deste crustáceo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.