
A empresa alimentaria CONGALSA emitiu un comunicado relativo á folga xeral deste 11 de novembro e ao seguimento que tivo no seo da compañía, con sede principal na Pobra do Caramiñal (Polígono da Tomada) e con dependencias tamén en Ribeira. No comunicado a firma quere saír ao paso da información publicada en diferentes medios de comunicación na que unha organización sindical cualificaba de “elevada” a incidencia da folga en CONGALSA, sinalando que “non se daban as condicións para manter a actividade”. Desde a empresa quixeron aclarar o seguinte: “As tres quendas, nocturna (de 22.30 h a 06.30 h), diúrna (de 06.30 h a 14.30 h) e vespertina (de 14.30 h a 22.30 h), puideron desenvolver o seu traballo e nosas seis fábricas permaneceron operativas na xornada de hoxe”.



