O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas a familias vulnerábeis para sufragar necesidades básicas

06 Agosto 2024

O Concello de Boiro convocou unha liña de axudas económicas de carácter non periódico dun importe total de 24.000 euros, destinadas a facer fronte a gastos específicos para persoas con recursos insuficientes. As bases reguladoras e toda a información sobre a convocatoria están dispoñíbeis na web municipal.

Segundo informaron fontes do Consistorio, a finalidade destas axudas é “dar resposta urxente a situacións puntuais de necesidade derivada de gastos específicos relativos a necesidades básicas como axudas económicas para respiro familiar e conciliación; reforzo da atención a persoas sen fogar que carezan de medios económicos; axudas para gastos de consumo enerxético a persoas en situación de vulnerabilidade”.

As persoas beneficiarias destas axudas deberán cumprir unha serie de requisitos tales como estar a unidade familiar empadroada no termo municipal de Boiro por unha antigüidade superior a 6 meses; que a unidade familiar non dispoña de ingresos suficientes tendo en conta o establecido nas bases; e escolarización e asistencia regular ao centro educativo das persoas que forman parte da unidade familiar.

As solicitudes deberán formalizarse presentando o modelo de solicitude e toda a documentación requirida mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de decembro ou ata esgotar o crédito establecido e o prazo de xustificación será ata o 31 de decembro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.