O Museo do Gravado de Artes amosa a mostra de fotos de principios do XX de Manuel Cores

05 Agosto 2024

O Museo do Gravado de Artes da acollida en agosto á mostra que documenta e recupera a Ribeira das primeiras décadas do século pasado, a través dunha destacada serie de imaxes inéditas da cidade realizadas por Manuel Cores García e recuperadas, a través dos negativos de cristal polo seu neto, o historiador, escritor e investigador carreirán Daniel Bravo Cores.

Estas fotografías amosan os traballos e os días de Ribeira: paisaxe, retratos, costumes, feiras, edificios emblemáticos, o lecer da música, o fútbol e os mortos. Esta exposición lévanos, dende a mirada atenta dun fotógrafo afeccionado, ao pasado que foi Ribeira, permítenos o rescate dun mundo case desaparecido, conéctanos cos devanceiros, coas raíces.

É unha viaxe cara atrás que nos emociona pois fainos ver de onde vimos, dunha Ribeira que tiña nos comezos do século XX unha puxanza económica, pois xa en 1905 contaba con 25 fábricas de salga e oito conserveiras. A mira de Manuel Cores permítenos que penetremos no pasado, que o visualicemos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.