A exposición Caramiñal de Antonio Villoch pode visitarse na Casa da Cultura da Pobra ata finais de mes

02 Agosto 2024

Retratos de barcos bateeiros e pesqueiros emulando os encargos que facían os fomentadores cataláns dos seus navíos, iluminacións simulando un códice sobre Santo Amaro ou algúns modelados dos tradicionais xigantes son algunhas das pezas que integran a nova exposición titulada Caramiñal, de Antonio Villoch, que acubilla a Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ata finais de agosto.

Trátase de arredor de 35 obras que reflicten a identidade da Pobra do Caramiñal a través da ollada do artista que, se ben se dedicou profesionalmente á obra civil, sempre cultivou a arte como unha das súas paixóns.

Óleo sobre táboas ou lenzos, pinturas ao temple e dourados en papel, relevos… Diferentes técnicas, diferentes soportes, pero en todos eles explorando elementos que caracterizan ao municipio.

Durante o acto inaugural da tarde deste 2 de agosto, o artista estivo arroupado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, para quen “é importante seguir dando cabida a creadores que, se ben non se dedican profesionalmente á arte, cultivan algunha disciplina. Como institucións públicas debemos servir de xanela para novos talentos e motores para o desenvolvemento cultural.” Nesta liña, a edil salientou que “como Administración local temos o firme compromiso de fomentar a produción artística e, unha das nosas liñas de traballo é o de erixirnos como espazo para dar a coñecer a obra de artistas emerxentes. Agora traemos unha mostra de Antonio Villoch, de Santiago de Compostela, pero con familia da Pobra do Caramiñal. Un vínculo especial coa nosa vila que, como podemos constatar hoxe aquí, non se limita ao parentesco”.

A sala permanece aberta de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.