Esta fin de semana terá lugar o Trofeo Concello de Boiro da XXIII regata cruceiro Cenor

02 Agosto 2024

O Concello de Boiro colabora coa XXVIII regata crucero Cenor – Trofeo Concello de Boiro, que terá lugar os días 10 e 11 de agosto entre o Náutico de Portonovo e o Náutico de Barraña. O alcalde, José Ramón
Romero, participou esta mañá na presentación xunto co presidente do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruíz de Cortázar, e o presidente do Club Náutico de Barraña, Jesús Babío.
Está prevista a participación dunhas 25 embarcacións e máis de 60 persoas que chegarán o sábado a Boiro e participarán neste Trofeo Concello de Boiro. “Dende o Concello apostamos polo turismo náutico e esta é unha das citas máis importantes do ano xa que se vai consolidando e contribúe á promoción do deporte da vela, do náutico e de Boiro como destino turístico”, recoñeceu o alcalde.
A regata está dividida en catro categorías, dúas para barcos ORC, solitario e clásicos e veteranos. “Trátase dunha regata moi tranquila, dunhas 18 millas de ida e outras tantas de volta, na que participan moitas
familias porque buscamos potenciar as saídas dos barcos da propia ría”, afirmou Javier Ruíz de Cortázar.
A regata sairá arredor das 14.00h do Náutico do Portonovo para chegar a Barraña sobre as 19.00 horas, cando se fará a entrega do Trofeo Concello de Boiro, e volverá saír do Náutico de Barraña cara Portonovo o domingo ás 11.00 horas. “Para o Náutico de Barraña é un pracer acoller un ano máis esta regata, nesta ocasión dun xeito especial pois imos inaugurar tamén as novas instalacións do club, moi necesarias para prestar servizo
aos nosos usuarios”, recoñeceu Jesús Babío.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.