Dodro, Padrón, Ames e Brión unen forzas no roteiro “As pegadas de Rosalía”

02 Agosto 2024


Os alcaldes de Dodro, Xabier Castro, Padrón, Anxo Arca, Ames, Blas García e Brión, Pablo Lago; asinaron na sede da Fundación Rosalía o convenio polo cal os catro municipios acordan traballar conxuntamente na xestión, desenvolvemento e promoción turística do Roteiro Rosaliana-As pegadas de Rosalía, un itinerario que percorre lugares intimamente vinculados á vida e obra de Rosalía de Castro.

Os rexedores deron o visto e prace á creación dunha comisión mixta que xestionará a agrupación supramunicipal e todas aquelas iniciativas e actividades que desenvolva para conservar e promocionar este roteiro rosaliana e o patrimonio material e inmaterial da súa contorna.

Así mesmo, o acto serviu para presentar unha nova edición do roteiro As Pegadas de Rosalía, que se desenvolverá o sábado 14 de setembro e permitirá aos participantes achegarse aos lugares que marcaron a vida e obra da nosa escritora máis universal con visitas guiadas e teatralizadas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.