Ambar leva a cabo un obradoiro para a detección de violencias sexuais

01 Agosto 2024

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, levou a cabo no seu Centro de Recursos un obradoiro para a detección de violencias sexuais impulsado pola área de Igualdade da Deputación da Coruña.
Nesta xornada tamén estiveron presentes Soledad Agra, Deputada da área de Igualdade; Cruz Rivadulla, Concelleira de Educación e Diversidade e Beatriz Lourido de Nova Xestión Cultural. Durante a súa visita aproveitaron para coñecer ás persoas usuarias e os proxectos que levan a cabo dende Ambar, acompañadas por Milagros Rey e Helena Teira, presidenta e coordinadora da Asociación.


“As actividades pola igualdade, non se cinxen a un só día, por iso quixemos alongar todas estas actividades levándoas a espazos onde normalmente non se traballa con elas. Sempre se soe facer en centros educativos ou asociacións abertas a todo o público, pero aqueles centros especializados en diversidade funcional, quedan moitas veces apartados dos circuítos de sensibilización e de traballo en igualdade.” Soledad Agra, Deputada da área de Igualdade.
A área de Igualdade da Deputación da Coruña impulsa a actividade ‘Obradoiros de capacitación dixital para a detección de violencias sexuais’ .
O obradoiro foi impartido por Verónica Ramilo , traballadora social, sexóloga e fotógrafa. Na actualidade colabora en proxectos especializados en sexualidade e diversidade intelectual.

“Dende o Concello de Ribeira pensamos que as novas tecnoloxías son esenciais a través dun bo uso. Hai que informar dos perigos que poidan ocasionar a todas as persoas. A través destes cursos axúdase a identificar o que está ben e o que está mal, e a obter recursos para recoñecer a información que nos está chegando, saber se a mesma é lexítima, e dar as ferramentas necesarias para pedir axuda.” Cruz Rivadulla, Concelleira de Educación e Diversidade.
Durante as sesións do obradoiro abordáronse contidos para a identificación e prevención das violencias dixitais, a través de conceptos como a vixilancia, o control, o ciberacoso ou a sextorsión. De xeito transversal tamén se tratou a importancia da seguridade e do bo uso da tecnoloxía para cuestións básicas da vida cotiá.
“ Toda a información que se poida dar acerca deste tema eu considero que é fundamental, e hoxe, grazas á Deputación da Coruña, temos aquí unha formadora que está dando unhas nocións moi importantes para que as persoas saiban como protexerse ”. Agradeceu Milagros Rey.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.