O Concello de Porto vai organizar o vindeiro 10 de agosto unha camiñada moi especial polo territorio sonense e a serra do Barbanza: a Andaina do Polbo. E dicimos “especial” por varios motivos: pola beleza das paisaxes polas que se adentra o itinerario (un roteiro pola beira do mar e a montaña) e por ser en si mesma unha homenaxe deportiva e cultura a Manuel Deán, concelleiro tristemente falecido este mesmo ano (o pasado mes de xuño, tal e como fixemos saber dende este medio). A andaina será como dixemos o 10 de agosto e presenta 21 quilómetros de trazado con dificultade moi alta. A saída está fixada na fachada marítima ás 8.00 horas da dita xornada. As prazas, limitadas, están xa todas ocupadas, segundo confirmou o Concello de Porto do Son.




