ADISBISMUR organiza en Outes unha degustación de callos multitudinaria para recadar fondos para a entidade

01 Agosto 2024

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) organiza para o vindeiro sábado, 3 de agosto, a II Festa dos Callos co fin de recadar fondos para dotar ao centro que ten en Valadares, e ao que acoden día a día 48 persoas usuarias, de máis recursos e renovar material.

O sábado 3 de agosto, no espazo da Horta do Muíño do concello de Outes, a entidade abordará, por segundo ano consecutivo, o reto de cociñar callos para mil comensais, “toda unha fazaña se se ten en conta que non son persoas profesionais dos fogóns”, explican dende a asociación, engadindo que para este evento contarase dende as 12 horas con grupos de música e DJ da zona que “dun xeito totalmente altruísta, encargaranse de amenizar toda a xornada ata ben entrada a madrugada”. Participarán os músicos e picadiscos Charanga OT, DJs Borja CT, Juan do Tractor, Pablo Balseiro, Jaitas Blue, Pandereteiras do Tremuzo, Grupo de Música Tradicional de Outes, Aghruo, Martin Reimundez Rodriguez e The Balayoos.

Dende a asociación queren agradecer publicamente “tanto a colaboración desinteresada destes grupos como tamén o apoio loxístico, de espazos e equipamentos por parte do Concello de Outes, e a colaboración dos Concellos de Muros, Carnota e Mazaricos”. Outra colaboración é a dos comercios e empresas da zona que doaron dende produtos ata aloxamentos nos mellores hoteis da contorna, que serán rifados nos preto de 40 sorteos que se realizarán entre as persoas asistentes.

Para esta xornada tamén teñen preparadas outras actividades participativas como o Grand Prix do Verán, unha andaina e un torneo de fútbol, e tamén contarán cunha zona de inchábeis e pintacaras.

A ración de callos, acompañada da cazola, que foron elaboradas polas persoas usuarias do obradoiro de modelado en barro do centro de Valadares, irá acompañada de bebida, sobremesa (postre) e café, todo por un custo de 12 euros.

As persoas interesadas en asistir, xa poden mercar o seu billete chamando ao teléfono da asociación 881 083 860 ou a través das redes sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.