A Romaría de Exipto inclúe este venres unha xornada de xogos tradicionais e unha función para público familiar: “Máis Saaabor!”

01 Agosto 2024

A Romaría de Exipto (Abanqueiro) que se celebra esta fin de semana, a partir do venres 2 de agosto, vai acoller varias actividades de tipo cultural para o público familiar, alén das celebracións relixiosas propiamente ditas e dos concertos dos que dimos conta os días pasados dende este medio. Entre estas actividades inclúese unha cita para reivindicar os xogos tradicionais: Xogantina. Será este venres a partir das 22.00 horas. As persoas que participen neste actividade terán unha trintena de xogos á súa disposición, entre os que se inclúe o xogo da ra, o tres en raia, o lanzabolas e outros brinquedos de madeira e de precisión.

Ademais haberá outra actividade para público infantil e familiar: Máis Saaabor, de Culturactiva. Será este venres 2 de agosto ás 21.00 horas a carón da capela de Exipto (Abanqueiro). Culturactiva S. Coop. Galega e Félix Rodríguez coproducen e presentan este espectáculo, unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudábel. Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.