“A Festa do Carme en Ribeira, homenaxe á xente do mar” – Antón Luaces

01 Agosto 2024

O vindeiro sábado, 3 de agosto, a tradicional festa do Carme -nas tamén tradicionais festas patronais de Ribeira- terá un especial significado: se sempre se lle tributou recoñecemento especial á patroa dos mariñeiros, desta vez (e con vocación de  continuidade) a homenaxe será compartida coas mulleres e os homes do mar que, co seu esforzo conxunto ou individual souberon situar ao pobo que os acubilla -Santa Uxía de Ribeira- entre as máis importantes poboacións pesqueiras de Europa.

Merecida homenaxe, xusto cando familiares e amigos de mariñeiros mortos ou desaparecidos en augas de Malvinas -outro caladoiro referencial cando en Galicia lembremos aos que xa non están con nós- choran aos que, como tantos outros tantas veces, nunca  máis arriarán ao mar aparellos que sempre dan vida en terra.

A do Carme, en Ribeira, e ao igual que nos demais portos da Galicia mariñeira, sempre é festa para a lembranza dos que un día marcharon cun adeus largacío ao pico da Curota, última -demasiadas veces derradeira- imaxe da terra, da casa, da familia, dos amigos que, en tantas ocasións, foron tamén o derradeiro pensamento, o bico morno que se esvae na burbulla que busca a luz perdida e que concreta ese adeus tantas veces expresado na inquedanza do catre. 

Será, a do sábado, na lonxa ribeirense e ao pé da Patroa Santa, a homenaxe máis sentida e merecida, complementada polas flores que mulleres, homes e nenos guindan ao mar dende a cuberta dos barcos que procesionan ateigados de agradecidas persoas que pisan por uns minutos onde antes e dempois pisarán os profesionais do mar a quen,  con ese acto, se lles vai recoñecer unha mínima parte do que merecen.

Salve, Raíña dos Mares.

…

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.