Morre o catedrático da USC Francisco Puy, membro da Comisión dos 16 do Estatuto

31 Xullo 2024

O catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Francisco Puy Muñoz faleceu aos 88 anos de idade.

O tamén escritor e político foi membro en representación de Alianza Popular na coñecida como Comisión dos 16, os inspiradores intelectuais do actual Estatuto de Autonomía de Galicia.

Nado en Cambil (Xaén), Puy Muñoz estivo casado con Rosario Fraga –falecida en 2018–, irmá do expresidente da Xunta Manuel Fraga, e era pai de sete fillos, entre eles o deputado popular no Congreso Pedro Puy Fraga.

Doutor en Dereito pola Universidade de Granada (España), era autor de máis de medio cento de libros.

Francisco Puy obtivo a cátedra de Filosofía do Dereito en 1966 por concurso nacional na Universidade de Santiago de Compostela, onde desenvolveu o seu labor docente e investigador durante máis de 40 anos ininterrompidos. Nesta universidade dirixiu múltiples teses de doutoramento.

Foi director de departamento e investigador principal de varios proxectos de investigación financiados en convocatorias públicas. Pasou a ser catedrático emérito ad honorem permanente.

Igualmente, foi académico de número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Foi doutor honoris causa e magister honoris en diferentes universidades.

Entre outras facetas, Francisco Puy foi concelleiro en Santiago nos anos setenta e foi fundador da Fundación Alfredo Brañas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.