O grupo Elas de Ambar presenta “Ping Pong” en Ribeira

31 Xullo 2024

Este mércores 31, tivo lugar a presentación dunha creación escénica en mostra aberta
titulada Ping Pong, feita por Elas, grupo de artes escénicas da Asociación Ambar das persoas
con Diversidade Funcional, e dirixida por Paula Quintas. A actuación tivo lugar na Praza da
Porta do Sol de Ribeira.
Angy Devesa, Montse Queiruga, Carmen Pérez, Paula Ramallo, Merce Río e Noelia Argibay son
as integrantes do grupo Elas que hoxe expuxeron esta mostra á comunidade. O grupo Elas
conta cunha importante traxectoria. Comezaron no 2015 e contan con obras recoñecidas
como As Paisaxes de Camille, dirixida por Helena Salgueiro ou A Serea Mariña a cal crearon
con Fran Sieira.


Hoxe comparten ca comunidade Ping Pong. Esta creación, segundo palabras da directora,
simboliza unha conversa, un algo que vai e un algo que volve. Trátase dun traballo corporal
dende a abstracción do movemento vinculado con obxectos, a través do cal se xerou esta
práctica escénica, entendida como unha mostra.

Xunto con Elas e Paula Quintas pecharon esta mostra Milagros Rey, presidenta de Ambar,
quen agradeceu ó Concello a facilitación do espazo para poder facela posible; e Antía
Alberte, Concelleira de Cultura. “É importante darlle visibilidade a todo tipo de colectivos, e
como sabedes, Ambar organiza actividades durante todo o ano, por tanto consideramos
importante incluílas como parte da programación cultural.” Afirmou Antía Alberte.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.