O XVI Certame de Pintura ao Aire Libre Juan José Fernández Leiceaga (Sesé) celebrouse finalmente na vila de Noia na última fin de semana de xullo, resultando todo un éxito de participación e, tamén, de nivel artístico acadado, segundo confirmou a Área de Cultura do Concello que dirixe Pepe Pérez, que confirmou que este ano conseguiuse cifra de participantes máis alta “no que levamos de concursos”. Foron, concretamente, 115 artistas inscritas/os chegadas/os de toda España.

O Concello e os organizadores do concurso agradeceron e felicitaron o traballo das e dos participantes “por recrear “a beleza das nosas rúas e paisaxes nos seus lenzos”.
Establecéronse como de costume tres categorías: adultos (de 17 anos en diante), infantil (de 4 a 10 anos) e xuvenil (de 11 a 16 anos).

O XVI Certame de Pintura ao Aire Libre Juan José Fernández Leiceaga (Sesé) é un concurso certame noiés que recoñece e distingue a creación artística participativa, aberta, colectiva e libre de limitacións físicas. Está aberto a artistas de todas as idades e o tema obrigado do concurso será o centro da vila de Noia e os seus arredores. Ademais, necesariamente as obras deberán ser pintadas en directo, in situ.




