Agosto trae novas viaxes en catamarán a Sálvora e a Ons con saída dende A Pobra

29 Xullo 2024

O programa de viaxes en catamarán ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas con saída dende A Pobra do Caramiñal chega ao seu ecuador no mes de agosto. Trátase dunha das propostas que integran a axenda estival A Pobra do Caramiñal, vive a experiencia… que oferta a Concellaría do Turismo con diferentes alternativas de ocio para veciñanza a visitantes, poñendo o foco no mar e na serra.

Presentación das rutas a comezos do verán

No 3 de agosto regresarase a Sálvora, pero, nesta ocasión, para vivir a experiencia Starlight, que posibilita observar as estrelas dun ceo sen contaminación lumínica, ademais de coñecer de preto esta illa durante a tarde-noite.

E tamén se volverá poñer rumbo a Ons cunha nova singradura no 11 de agosto.

As saídas chegarán ao seu fin no 1 de setembro co retorno a Cíes.

Tódalas elas inclúen ruta guiada. O prezo para Cíes e a Starlight de Sálvora sitúase nos 34 euros por persoa adulta, mentres que para Ons baixa ata os 30 euros. No que respecta a crianzas entre 4 e 12 anos, o importe a pagar establécese nos 18 euros en tódalas viaxes.

Como de costume, as reservas formalizaranse a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Para a resolución de dúbidas tamén están ao dispor os teléfonos do Departamento do Turismo: 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...