Este 30 de xullo arranca a nova edición do Festival Noites de Jazz de Rianxo

29 Xullo 2024

A Área de de Cultura do Concello volve organizar este ano unha nova edición do Festival Noites de Jazz, unha cita para os seareiros deste estilo musical que inclúe (como de costume) concertos nocturnos na rúa e actividades complementarias (obradoiros, sesións de improvisacións, actividades formativas) e que dará comezo este martes 30 de xullo e desenvólvese até o venres 2 de agosto.

Os concertos serán ás 22.00 h no Campo de Arriba:

-Martes, 30/07 EMR Big Band

-Mércores, 31/07 Simón García Quartet

-Xoves, 01/08 Marcel Pascual Quinteto

-Venres, 02/08 The Sar Swing Quintet

O festival conta ademais con actividades paralelas relacionadas co mundo do jazz, que son as que citamos a continuación:

-Un curso de Big Band que se levou a cabo durante este mes de xullo.

-Unha jam session aberta o pasado 2 de xullo no café A Lareira, organizada pola Escola de Música de Rianxo.

-Un monográfico sobre baile swing, que se leva a cabo até o 30 de xullo no Cuartel Vello.

Quen precise máis información pode consultala na web do certame Noites de Jazz.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.