O pai e a irmá da moza asistiron ao acto de descuberta dunha estatua na súa honra na vila

Unha escultura, instalada moi preto de onde foi vista por última vez Diana Quer, réndelle tributo na Pobra do Caramiñal oito anos despois do seu asasinato.
O seu pai Juan Carlos e a súa irmá Valeria asistiron a esta homenaxe promovida polo concello para lembrar tanto a Diana Quer como a todas as vítimas da violencia machista.
Diana Quer desapareceu na madrugada do 22 de agosto do 2016. Logo de 500 días de busca, o seu cadáver foi localizado nun pozo dunha nave industrial abandonada de Asados, no concello de Rianxo.
Alí ocultou o seu corpo José Enrique Abuin, “o Chicle”, que foi condenado a prisión permanente revisable por un delito de asasinato con aleivosía e a outros catro anos polos delitos de detención ilegal e agresión sexual.



