O Concello de Boiro co-financia as obras de construción da nova sede do Náutico de Boiro (Marina Cabo de Cruz)

26 Xullo 2024

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, visitou este venres 26 de xullo as obras da nova sede do Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz. Fíxoo na compaña do concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e o presidente do club, Manuel Fajardo, para coñecer o estado de execución das obras que contan co financiamento do Concello de Boiro.

Segundo lembraron, o Concello de Boiro e a entidade deportiva asinaron un convenio por importe de 125.000 euros para o co-financiamento das obras, nas que se inclúe a construción dunha instalación que sirva de sede do Náutico. Trátase dunha edificación illada, coa fachada principal orientada ao norte e unha planta baixa que se destinará a local social, vestiarios, oficina de vixilancia e escola de submarinismo.

“Con esta subvención o que queremos é que Boiro medre e siga a ser un referente en canto a turismo náutico con dous portos deportivos cunhas instalacións acorde ás necesidades dos seus usuarios”, afirmou o alcalde.

A instalación contará cunha terraza orientada ao sur con acceso exterior e, ademais do propio inmóbel, habilitarase unha zona de estacionamento e acceso rodado a todo o recinto. “É unha obra que nos vai poñer en primeira liña dos náuticos de Galicia porque a instalación contará con todo tipo de servizos, que están a ser xa un reclamo para usuarios”, afirmou Manuel Fajardo, presidente do club.

Mediante o convenio asinado, o Náutico de Boiro pon a disposición do Concello o uso de dúas prazas de amarre para o servizo de salvamento marítimo ou Protección Civil segundo necesidade; uso dun local para os servizos de salvamento e Protección Civil; ou cesión de uso das instalacións e servizos para as escolas deportivas municipais de vela.

“Gracias a estas instalacións imos tamén potenciar a escola de vela e que este deporte gañe presenza no municipio e estea ao nivel de outros deportes náuticos que se practican no concello”, recoñeceu o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...