Prosegue até o sábado a Feira do Libro de Rianxo con máis presentacións literarias e espectáculos familiares

26 Xullo 2024

As actividades da Feira do Libro de Rianxo proseguen este venres e este sábado (26 e 27 de xullo) no Campo de Arriba de Rianxo. Haberá novamente presentacións, narracións e espectáculos para toda a familia (e podemos consultar na Rede, en PDF, a axenda ao completo).

Este venres a carpa de actividades acollerá ás 18.30 o espectáculo infantil Roupa tendida de Xarope Tulú, e logo ás 20:30 presentarase Natureza camiño emocións de Xosé Manuel Lobato, acompañado polo profesor, escritor e autor do limiar do libro, o rianxeiro Xosé Ricardo Losada. Ás 21.30 horas celebrase a clausura do XIX Ciclo de bandas, coa Banda da Escola de Música de Rianxo e Brincadeira na praza de Castelao. Nas casetas das librarías Alba López Paredes asina ás 12.00 horas e ás 18.30 Nandinor e o resto da súa obra na caseta da Libraría Cándido. Ás 18.30 horas José Malvárez Carleos asina Incoloro na caseta da Libraría A Gata Tola, e Xosé Ricardo Losada asina Un inferno frío na caseta da Libraría Xacobiño. Ás 19.00 horas Carlos Carracedo asina Utensilios de cociña e algúns xantares caleidoscópicos na caseta da Libraría Aenea.

O sábado 27, na carpa de actividades, presentarase Un inferno frío do rianxeiro Xosé Ricardo Losada, acompañado polo escritor Xose Manuel Lobato. Ás 19:30 celébrase o espectáculo musical infantil e familiar A Ramona pequena vai á Lúa de Pakolas, e ás 20:30 presentarase o libro Historias de Barbantia, coa participación dos escritores Marina Losada Vicente, Óscar Reboiras e X. Ricardo Losada. Ás 21:30 preséntanse as Obras Teatrais Completas (2017-2023) Teatro Xuvenil de Amantia Coello.

Nas casetas de librarías, ás 12h Alba López Paredes asina Nandinor e o resto da súa obra na caseta da Libraría A Gata Tola, e Rober Gagiao asina Entroido e a saga El guardián de las flores na caseta da Libraría Cándido. Ademais, Milagros Torrado asinará Contos de illa de man e O fenómeno cultural da fascinoloxía as illas británicas e Galicia na caseta da Libraría Nobel Boiro. A maiores, Adrián Gómez Ramos asina Aqueles corpos nosos e Cando sangren os lobos na caseta da Libraría Xacobiño. Ás 18.30 horas, Ramón Torrado Romero asina As almas comunicantes na caseta da Libraría Cándido, e Maite Mosconi asina O mal do aire na caseta da Libraría Xacobiño

A Feira do Libro de Rianxo vén da man da Xunta, a Federación de Librarías de Galicia, o Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Achegaranse descontos do 10% en todos os libros que merquemos na feira.

Participan Galgo Azul, Libraría Pedreira, A Gata Tola, Libraría Urórobos, A Libraría de Rosa (Nobel Boiro), Libraría Cartabón, Libraría Xacobiño, Libraría Ben – Rianxo, Libraría Cándido, Libraría Aenea e Bandini Libros – Bertamiráns.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.