Esta semana celébrase o Encontro Gastrocultural entre Eltziego (Áraba) e Boiro

24 Xullo 2024

A peña Os Luns ao Sol organiza nesta semana o X Encontro Gastrocultural entre Eltziego (Áraba, Euskadi) e Boiro, que terá a súa actividade principal coa degustación o sábado 27 de xullo de 2024 ás 21.00 horas na rúa peonil (doutor Santos Mieites). O alcalde, José Ramón Romero; participou na presentación do encontro xunto con Quin Riveiro e Jesús Manuel García, da devandita peña.

A expedición, composta por 45 persoas encabezadas polo alcalde de Eltziego, Juan Carlos Uribe, chegará a Boiro este xoves 25 de xullo e participará nunha recepción institucional na Casa Consistorial na que participará o alcalde boirense, José Ramón Romero, para seguidamente desprazarse ao piñeiral de praia Xardín onde terán unha cea informal.

O programa do venres 26 contará cunha visita ao Concello de Betanzos, que inclúe unha recepción na Casa Consistorial e unha visita guiada polo núcleo da localidade. Ademais, as e os participantes terán un xantar antes de regresar a Boiro, onde terán un xantar de confraternidade.

O sábado pola mañá realizarán unhas visitas en barco pola ría para coñecer o proceso de extracción do mexillón e visitar a illa de Rúa e o Areoso. Pola tarde, a partir das 21.00 horas na rúa peonil terá lugar a degustación de guiso rioxano maridado con viño rioja DOP ou auga. A degustación terá un prezo da ración de 4 euros, donativo para Cáritas Boiro. A xornada contará co acompañamento musical de A Dorniña de Abanqueiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.