O circuíto “4 Carreiras 1 Meta” reivindicará os tesouros dos catro concellos de Barbanza Arousa (entre agosto e decembro)

22 Xullo 2024

Na mañá deste 22 de xullo a Mancomunidade Barbanza Arousa presentou no porto de Ribeira, a carón da Oficina de Turismo, unha nova edición do Circuito Barbanza Arousa 4 Carreiras 1 Meta, que, segundo fixo saber, celebrarase entre os meses de agosto e decembro reivindicando lugares emblemáticos da comarca: centros históricos, paisaxes abraiantes e senlleiros recursos naturais e culturais.

Participaron na presentación Luís Pérez Barral, presidente da Mancomunidade e alcalde de Ribeira; Xavi Vidal, Julio Alcalde e Eloy Sobrido, concelleiros de deportes de Ribeira, Rianxo e A Pobra do Caramiñal respectivamente; Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade e os técnicos de deportes de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.

Explicaron que esta actividade é un programa anual de carreiras que fomenta a práctica da actividade deportiva na natureza ao mesmo tempo que se coñecen os recursos e paisaxes do destino Barbanza Arousa. Está promovido e organizado de maneira colaborativa entre a Mancomunidade Barbanza Arousa e as concellerías de deportes de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.

Esta actividade inclúese dentro das estratexias da Mancomunidade de “promover o turismo de natureza e activo e desestacionalizar a demanda, demostrando que Barbanza Arousa é un destino para desfrutar durante todo o ano”, sinalaron.

O circuíto está composto por un total de 4 probas, iniciándose na Pobra do Caramiñal o día 25 de agosto, continuando en Ribeira o 28 de setembro e en Rianxo o 1 de novembro para rematar en Boiro o 1 de decembro.

No mesmo poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non federadas no deporte do atletismo e sexa cal sexa a súa procedencia. “Asemade”, sinalaron, “trátase dunha actividade que vén gañando adeptos edición tras edición, potenciando así que nos coñezan cada vez máis os potenciais visitantes do resto do territorio galego e tamén outras comunidades autónomas; buscamos así seguir captando o turista de proximidade, que realiza escapadas curtas durante todo o ano para desfrutar da gastronomía local, das rutas de sendeirismo, paisaxes e miradoiros; así coma dos museos e monumentos”.

Os premios serán económicos e tamén incluirán experiencias turísticas no destino Barbanza Arousa, co afán de dar a coñecer o territorio e continuar potenciando unha rede de prescriptores do mesmo.

“Dende a Mancomunidade convidamos a todos e a todas a vivir esta experiencia en Barbanza Arousa que é moito máis ca deporte, é compañeirismo, é familia, posto que temos categorías para todas as idades e, por suposto, é coñecemento dos recursos dun territorio que merece moito a pena” declarou Luís Pérez Barral, presidente da Mancomunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...