Logo do éxito acadado en 2023 no Pazo de Goiáns (Boiro), o noso gaiteiro Carlos Núñez volve este verán ao histórico edificio de Boiro e faino no marco da súa xira Lugares Máxicos 2024 co seu traballo Celtic Sea.
O concerto é este mércores 24 de xullo ás 20.00 horas.
Celtic Sea é froito da colaboración con Brittany Ferries para celebrar o 50 aniversario da compañía marítima que une os portos atlánticos europeos e na que viaxan 3 millóns de persoas cada ano. Amais, inspirouse nas diferentes tradicións musicais que, desde Bretaña ata Galicia pasando por Irlanda, evocan cada unha unha rexión atlántica, pero tamén os vínculos entre elas. Este traballo recolle músicas que nacen do mar e das conexión que este aporta dende hai milleiros de anos aos pobos celtas atlánticos. “Creei así unha nova obra que representa a nosa filosofía de vida, sempre unida ao espírito intercelta que anima Bretaña, centro xeográfico de todos os celtas do arco atlántico”, sinalou o músico.




