Lira celebra a Festa de degustación dos produtos da reserva mariña

20 Xullo 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asistiu á Festa de degustación dos produtos da reserva mariña de interese
pesqueiro Os Miñarzos, organizada pola Confraría de Pescadores de Lira. Nesta degustación destácase a calidade dos produtos do mar, integramente da reserva, certificados coa marca de calidade pescadeRías, de onde se non? como o polbo, os percebes, os berberechos, as navallas, as nécoras e o mexillón. Deste xeito, difúndese o que supón este distintivo da Xunta de Galicia, que certifica que os peixes e mariscos foron
capturados como máximo 24 horas antes da primeira venda e con artes de pesca moi selectivas, o que contribúe a impulsar a súa demanda.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.