O Concello de Lousame celebra unha gran festa de clausura do Verán Activo 2024, no que participaron 103 nenos e nenas

19 Xullo 2024

O Concello de Lousame celebrou na mañá deste venres 19 de xullo unha gran festa de clausura do Verán Activo 2024, programa local de conciliación familiar que se desenvolveu do 8 ao 19 de xullo e no que tomaron parte un total de 103 nenos e nenas, de entre 6 e 15 anos de idade. Unha festa celebrada na Piscina Municipal de Lousame e na que participou a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Silvia Agrafojo.

Durante toda a mañá, a rapazada desfrutou de actividades de auga, así como de inchábeis acuáticos e de terra, xogos de mesa e actividades deportivas, como o fútbol ou o voleibol.

A xornada culminou cunha gran festa da escuma no Campo de Fútbol Municipal da Silva. Porén, o gran éxito da xornada estivo nos refrescantes cócteis que se servían á entrada da piscina, elaborados con zumes de laranxa, piña, lima, granadina… todos eles sen azucre e acompañados por xeo picado.

Silvia Agrafojo, destacou que “a rapazada pasouno moi ben nestes días” e aproveitou para “agradecer unha vez máis a colaboración do voluntariado xuvenil, sen cuxa participación sería imposible desenvolver este tipo de actividades”. Así mesmo, puxo en valor o gran número de actividades de conciliación que se levan a cabo no municipio: “Hoxe mesmo estabamos tamén co Lousame Concilia e o 29 de xullo comezaremos coas Leisure activities in english, un programa que levarán a cabo as nosas voluntarias europeas Letizia Saccani e Fatma Erdemoglu e que xa ten todas as prazas cubertas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.