Presentada a I Xuntanza de esculturas de area na praia da Ladeira en Ribeira

17 Xullo 2024

O segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta o edil do Mar, Fernando Abraldes, os organizadores, Jesús Antonio Paz e Conchi Olveira presentaron no día de hoxe a I Xuntanza de esculturas de area que terá lugar o vindeiro 27 de xullo de 11:00 a 13.00 horas na praia da Ladeira.


Abraldes especificou que as esculturas van a ser só de auga e area, non poderá haber ningún tipo de pegamento ou polímeros para a decoración, “as esculturas vanse a facer na baixamar da praia ca intención de non causar ningún inpacto á píllara das dunas”.
Por outra parte o organizador do evento, Jesús Paz agradeceu ao “Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán” por outorgar o permiso para facer a xuntanza e ao concello de Ribeira; tamén comunicou que esta primeira xuntanza tera continuidade dependendo das mareas, o día 10 en Palmeira e o día 16 en Aguiño.
A organización incide en que a xuntanza vai a ser nun parque natural e haberá que cinguirse a unhas normas polo que o número de inscricións serán 60 como máximo, as inscricións faranse no Bar A Curuxa en Olveira ou no teléfono: 881 56 15 41. Jesús indicou que a organización vai a facer unha escultura “photo-call” onde se van a poder subir os nenos e agradeceu a colaboración do xuradoformado pola Asociación contra o cancro de
Ribeira e a influencer Nuska Chouza.
Rematou o acto de presentación o segundo tenente de Alcalde, Suárez-Puerta afirmando que esta xuntanza vai a ser unha novidade para os nenos do concello “para nós é moi importante facer actividades novidosas para nenos e máis se cabe se poden interactuar na mesma espallando a súa creatividade”.
Todos os participantes terán que traer os aparellos para deseñar a escultura, os nenos estarán acompañados por un só adulto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.