Titiriberia inaugura este venres unha exposición nos escaparates de Rianxo como aperitivo á súa novena edición

17 Xullo 2024

O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, muda este ano de datas: celebrarase entre o 12 e 18 de agosto. Con este traslado no calendario, Titiriberia busca ampliar o seu alcance ao reatoparse tanto co público rianxeiro como co procedente do exterior converténdose nun reclamo estival máis da localidade. Como “aperitivo da súa novena edición”, Titiriberia inaugurará este venres 19 de xullo a súa exposición de escaparates que, baixo o título Marionetas do Mundo, decorará os comercios de Rianxo grazas á colaboración da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE). A mostra confórmase con exemplares da ampla colección de Viravolta Títeres, unha das compañías de referencia histórica para o sector galego dos monicreques ao superar xa os corenta anos de traxectoria.

Unha decena de comercios acollerán nos seus escaparates as pezas de Viravolta: Don Dino, Cenor ROT, Europunto, Nenis, Costuras para soñar, Irazi, Zapaterías Marty, Pasarela Boutique, Peluquería David e Material de construción e ferraxería Luis Vidal. En todos eles repartiranse figuras elaboradas por diferentes artesáns de todo o mundo. As tradicións titiriteiras de Europa, América Latina, India, China ou Turquía chegarán así a Rianxo.

A exposición incluirá un concurso. En cada escaparate agocharase unha figura de Lupe, a anfitrioa de Titiriberia. Quen a atope en, polo menos, seis dos escaparates poderá participar nun sorteo de produtos e agasallos do festival. As instrucións están dispoñíbeis na páxina web do festival e atoparase información en cada un dos comercios colaboradores.

Titiriberia amosará ao público rianxeiro nesta novena edición dous espectáculos de produción propia e sete coprodución en colaboración con diferentes compañías e artistas. Regresará así o tradicional espectáculo As Varietés de Barriga Verde, sesión na que se reúnen cada ano espectáculos de diferentes disciplinas e artistas nun formato de variedades. A outra produción propia do festival será A feira vella. Nela recrearase unha feira tradicional, a combinar os entretementos interactivos con propostas escénicas para amosar unha colección de antigos xogos e atraccións de feiras tradicionais. Instalaranse na praza do Campo de Arriba e contará con dramatizacións en coprodución co grupo de Teatro Airiños (Os casos da Feira vella) ou con Seisdedos Marionetas (Cantar do ano de Rianxo).

A compañía Seisdedos protagonizará outra das coproducións: Peito de Lobo, na que se adapta aos títeres de cachaporra o famoso personaxe inmortalizado por Castelao. As outras coproducións deste ano correrán a cargo da compañía A Cova das Letras, que lle brindará ao público Chafallas, a vendedora de fume; de Ostomila Títeres, que traerán ao galego o seu espectáculo Baleazaleak; de Trécola Producións, coa súa peza As aventuras de Pituquito, e de Títeres en solitario, coa ruada A vella do gaiteiro. O programa ao completo darase a coñecer en próximas semanas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.