Prosegue o campamento de verán do programa Outes Concilia

15 Xullo 2024

Os días pasados púxose en marcha unha nova edición do campamento de verán do programa Outes Concilia, que se celebra nas instalacións do antigo colexio do Cruceiro de Roo e máis en diferentes espazos naturais do concello por exemplo na praia de Broña.

Segundo explicou o Concello, trátase dun programa que permite a conciliación das familias nunha alternativa lúdica.

As actividades desenvolveranse ao longo de 6 quendas, entre o 25 de xuño e o 10 de setembro, para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. Neste intre estase a desenvolver a segunda das quendas, a que vai do 8 ao 19 de xullo.

Durante este tempo, os nenos e nenas gozan de actividades educativas, reciclaxe, igualdade, inchábeis, festa da escuma, xogos con música, xogos tradicionais e mesmo dunha visita á praia de Broña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...