O Concello de Boiro mellora a drenaxe do Campo Municipal de Barraña para a súa posta a punto antes da nova tempada

15 Xullo 2024

O Concello de Boiro está a realizar actuacións de mellora no Campo Municipal de Barraña para a súa posta a punto antes do inicio da nova tempada do CD Boiro en Terceira. O alcalde, José Ramón Romero; e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, supervisaron este luns 15 de xullo as actuacións de drenaxe realizadas no campo.

O labor das brigadas municipais neste acondicionamento xeral estase a desenvolver durante os meses de verán. No caso do Campo de fútbol Municipal de Barraña levouse a cabo unha actuación de drenaxe para o acondicionamento do terreo de xogo cun sistema de evacuación adecuado para o céspede e que sexa capaz de absorber a auga da choiva.

“A pasada tempada, coas choivas de todo o inverno, vimos como o terreo de xogo foise deteriorando e había zonas completamente anegadas, polo que optamos por esta solución que, ademais de evitar que se anegue o campo vai favorecer ao mantemento do terreo de xogo”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Ademais desta actuación principal no terreo de xogo estanse a facer outras actuacións de mantemento e mellora nas instalacións para a súa posta a punto antes do inicio da pretempada no mes de agosto. “Durante os meses de verán as cuadrillas de obras traballan para acondicionar as instalación deportivas do municipio con actuacións de mantemento para a súa posta a punto antes de comezar a actividade das Escolas Deportivas Municipais”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...