O 3 de agosto Rianxo volve celebrar a súa Andaina Solidaria polo Pobo Saharauí

15 Xullo 2024

O Concello de Rianxo e a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), organizan unha nova edición da Andaina Solidaria en favor do Pobo Saharauí, no marco da intensa colaboración que veñen mantendo as dúas entidades a prol dos refuxiados dos campamentos de Tindouf e poñendo o foco nas necesidades dos máis pequenos. Será o día 3 de agosto e, segundo sinalaron o Concello e a asociación, terá un perfil e unha distancia accesíbeis a calquera estado de forma física (trátase dunha andaina de carácter popular que se dirixe a acadar a máxima participación de veciñas, veciños, turistas e seareiros e seareiros do deporte ao aire libre).

Nesta terceira edición, a proba organizase a beneficio de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) sendo o destinado a tal fin o 100% do recadado.

Haberá dous percorridos: un de 12 quilómetros e un de 5 quilómetros.

Pódese colaborar participando na Andaina, na Carreira ou a través do Dorsal 0, facendo unha doazón polo importe desexado.

Na web municipal (en formato PDF) podemos atopar a información principal da proba. Para ampliala cómpre acudir ao regulamento completo da proba ou ao Servizo Municipal de Deportes.

As inscricións abrirán en breve (e até o mércores 1 de agosto), no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Tamén se pode facer presencialmente na praza de Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

Os prezos son os seguintes:

Gratuíto, de 0 a 3 anos

5 €, de 4 a 17 anos

8 €, maiores de 18 anos

A andaina ten un límite de prazas de 750.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.