
Este verán volve unha das campaña mais sinaladas da patronal de Boiro (ABE), as Quincenas Fantásticas, e nesta ocasión regresa con 1.000€ en premios: en Bonos ABE. O presidente da asociación Daniel García explicou que a nova campaña denominada Quincenas Fantásticas “vaise desenvolver entre o 15 de xullo e o 18 de agosto e sortearemos 500 € ao remate de cada unha das 2 quincenas para utilizar en calquera dos negocios asociados”
Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera das empresas socias da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.
O presidente engadiu que “esta campaña pretende poñer en valor os negocios asociados nunhas datas nas que Boiro recibe numerosos visitantes amosando a variedade e calidade do tecido empresarial local e o seu dinamismo ademais trata de potenciar as vendas, fidelizar aos clientes e atraer a outros novos atraídos polos premios que se sortean”.
Sorteos cada quincena
1. Tíckets rexistrados do 15 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto
2. Tíckets rexistrados do 1 ao 18 de agosto >> sorteo o 19 de agosto



