Boiro acolle este venres o seu tradicional Xantar de Confraternidade dos maiores

13 Febreiro 2020

O Concello de Boiro celebra este venres 14 de febreiro a nova edición do seu xa histórico Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, un máis que relevante encontro de irmandade no que está previsto que participen unhas 700 persoas, entre veciñanza e representantes institucionais. A cita será no Polideportivo de Barraña ás 14.00 horas.

Esta confirmada a asistencia da conselleira de Política Social, Fabiola García, da deputada provincial, Sandra González, do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e doutros membros do equipo de Goberno local, como por exemplo Luís Ruiz, María Outeiral e Marcos Fajardo. Tamén participarán no xantar de confraternidade outros membros da corporación boirense e representantes dos concellos veciños, así como as e os responsábeis das entidades e as asociacións locais da comarca.

A recepción das autoridades esta prevista para as 14.00 horas e as intervencións para as 14.15 horas, para poder comezar o xantar as 14.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.