O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza esta tempada de verán-outono un programa de excursións ás Termas de Cuntis: o programa Rianxo Termal edición 2024. Inclúe catro saídas ao devandito complexo balneario pontevedrés nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no municipio rianxeiro. O custe das catro saídas son 80 euros por persoas, un prezo que inclúe o acceso ás termas e os desprazamentos.
As persoas interesadas xa poden realizar a súa preinscrición, do 1 ao 12 de xullo. No Centro Social Liceo de Rianxo de luns a venres de 10.00 a 13.00 ou nos teléfonos 881 862 225 – 881 987 471.
As saídas serán os días 5 de setembro, 10 de outubro, 7 de novembro e 5 de decembro.




