A variedade de estilos e formatos protagonista do programa das Festas de Verán de Ribeira do mércores 31 ó domingo 4

30 Xullo 2024

As Festas do Verán de Ribeira estenderase dende este mércores 31 de xullo até o 4 de agosto.

Un dos puntos máis destacados da axenda será a súa diversidade: nos espazos, nas propostas e nos formatos para persoas neurodiverxentes. Así, habilitaranse novas localizacións para unha maior promoción económica e apostarase polos novos estilos e por achegar unha axenda con accións á medida de todas as demandas e tendencias. No capítulo da atención á neurodiverxencia, as actividades do programa terán como elemento transversal a diversidade e a sensibilización sobre as necesidades de toda a rapazada, actuando en materia de control do audio nas atraccións e na prevención (farase entrega de auriculares de protección e instalaranse pictogramas).

Amais, está programado que a Asociación Ágape organice un mercadiño solidario para visualizar unha cuestión tan relevante como a neurodiverxencia.

Programa das Festas de Verán

O mércores 31 de xullo, logo das dianas e alboradas celebrarase (ás 11h) o espectáculo infantil e familiar Atemporal, do Mago Charlangas, na praza da Porta do Sol. Ás 22 será o intre do pregón no balcón da sala-museo municipal de ribeira logo haberá un chupinazo e un pequeno espectáculo pirotécnico inaugural. Ás 23h, verbena na Lonxa Vella cos Satélites.

O xoves 1 de agosto volven os espectáculos infantís con Xela contra o dragón Traga-verbas, de Títeres Cachirulo, na praza da Porta do Sol (ás 12h). Ás 14 haberá concerto na rúa de Portugal con MariCarmen. Pola noite, ás 23h, actuará a Orquestra París de Noia na Lonxa Vella.

O venres 2 de agosto haberá unha festa para a rapazada ás 11.30 horas na praza do Concello, con inchábeis, xogos feitos con material de refugallo e animación musical (até as 13.30 horas). Ás 11.30 está previsto un mercadiño solidario coa Asociación A Creba (na rúa Rosalía de Castro) e ás 13.30 haberá concertos na praza da Porta do Sol, con Sones Negros e Alfredo Tejada. Pola tarde, volverá a festa para a rapazada na praza do Concello (ás 18.30 horas, incluíndo unha festa da escuma) e pola noite actuarán na Lonxa Vella Efecto Mariposa (22.30) e La Fuga (00.30). A verbena celebrarase na praza de Pontevedra (Bandourrío) coa Orquestra El Kubo ás 23h.

O sábado 3 de agosto comeza tamén con actividades infantís na praza de Pablo Neruda (ás 11.00 e con circuíto sensorial) e na praza do Concello (ás 11h). Ás 12.30 haberá contacontos infantís a cargo de Nuska no Malecón e ás 13.00 inaugurarase a exposición Pintura en vivo e en directo na Tenda Galería O Faiado. Ás 13.30 celebrarase un concerto no Malecón con Marcos Teira ás 18.00 oficiarase a Misa Solemne na Honra da Virxe do Carme, cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil na Lonxa Nova (ao rematar haberá procesión acompañada pola Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso; coa colaboración das asociacións Alfaia e Amas de Casa de Ribeira). Ás 20.00 horas celebrarase o Trofeo de Fútbol Festas do Verán, na Fieteira (entre Cidade de Ribeira e o Pontevedra Club de Fútbol) e pola noite, ás 23h, haberá verbena no Malecón con Orquestra Los Players. Na praza de España, ás 23h, actuarán (no marco do Ribeira Urban Fest) DJ Popy, Borja Solla, Pawly, Enter e Marc Montalvo. Organiza Grupo Fercosti coa colaboración do Concello. Ás 00.00 horas haberá un Tributo a Extremoduro, na praza de Pontevedra, a cargo de Pedrá.

O domingo 4 de agosto tamén arrincará con inchábeis na praza do Concello, ás 11h. Ás 13.30 haberá unha gran sardiñada no parque das Abesadas, amenizada por Amores de Barra. Pola noite, na praza de España, volve o Ribeira Urban Fest, con Juanma López, Rokiño, Silvia G, Dumore e Diego Tercero. A verbena nocturna contará coa presenza da Orquestra Platinum (ás 23h no Malecón). A xornada rematará ás 0.00 no paseo do Touro co tradicional combate naval pirotécnico e cos fogos de artificio.

O luns 5 de agosto todas as atraccións de feira estarán a prezos populares.

O programa foi dado a coñecer polo alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suarez-Puerta, o presidente da comisión de festas, Daniel González e o representante da empresa Grupo Fercosqui, Alberto Fernández.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.