Noia Histórica e o Concello activan a edición 2024 das visitas guiadas polo centro histórico da vila

05 Xullo 2024

Esta semana inaugurouse o programa de visitas guiadas polo centro histórico de Noia que organizan a patronal Noia Histórica e máis as áreas de Turismo, Comercio e Cultura do Concello. Na posta en marcha da edición 2024 desta iniciativa estival participaron a presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito Juanatey, e o concelleiro José Pérez Martínez, acompañados da guía oficial, Iria Caamaño, e dalgún dos turistas que participaban nos roteiros guiados deste xoves 4 de xullo.

As visitas, que terán unha duración de 1 hora e media, celebraranse os xoves e venres de xullo e agosto e teñen un custe de 3 € que se pode trocar nas empresas de hostalería de Noia Histórica. Serán, polo tanto, “de balde para o turista”, sinalaron na presentación, salientando este aliciente de gratuituidade, “un elemento exclusivo do programa, xa que hoxe en día”, explicaron, “en calquera municipio ou servizo turístico, todo ten un custe alto para os visitantes e non é recuperábel”

A asociación Noia Histórica leva 18 anos programando visitas guiadas á vila poñendo en valor a riqueza patrimonial e histórica da vila e a súa contorna e a súa vinculación co camiño xacobeo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.