O Concello de Boiro recibe material de emerxencias para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

04 Xullo 2024

O Concello de Boiro recibe da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia unha subvención para a adxudicación de equipamentos de emerxencias. O alcalde, José Ramón Romero, xunto co coordinador de Protección Civil de Boiro, Ignacio Pérez, participaron na mañá deste 4 de xullo no acto de recepción do material.

Trátase de recursos para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro: un kit de material loxístico de seguridade viaria que contén unha mampara de protección visual pregábel para protexer visualmente un espazo concreto en caso de accidentes; un soporte telescópico antivento e un pack de sinalización con sinais de sentido obrigatorio, advertencia, prohibido o paso…; 15 unidades de tetrápodos con reflectores; 1 maletín de balizas sincronizábeis; e 4 lanternas de sinalización para emerxencias.

O obxectivo da incorporación deste material “é facilitar as tarefas do servizo de Protección Civil e emerxencias tales como a atención en accidentes ou emerxencias de calquera tipo, asi como a colaboración e apoio en materia de seguridade en probas deportivas e outros eventos”, sinalou o Concello.

O servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro conta na actualidade cunha vintena de voluntarios que atenden todo tipo de emerxencias producidas no termo municipal, así como colaboración en dispositivos de outros concellos para eventos e actividades deportivas ou culturais e incidencias solicitadas polo CIAE 112 ou as forzas e corpos de seguridade tales como incendios, accidentes de tráfico, procura de desaparecidos…

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.