A Deputación presenta un documental do ribeirense Carlos Callón e Nós TV sobre a historia da homosexualidade no Reino Medieval de Galiza

03 Xullo 2024

A Deputación da Coruña acolleu este 3 de xullo a presentación de Maridos e sodomitas, os casamentos de home no reino da Galiza medieval, un proxecto da área de igualdade da Deputación, realizado por Nós TV e con idea orixinal, guión e documentación do escritor ribeirense Carlos Callón. Este documental, o primeiro audiovisual que aborda a historia da homosexualidade no medievo galego, estrearase este xoves, 3 de xullo, ás 21:00 horas, no Youtube da Deputación da Coruña e de Nós Televisión. Tamén poderá verse na canle 119 de R e na plataforma Movistar Plus+.

Cun formato road trip, ao longo de 36 minutos, Callón vai viaxando por diferentes puntos da xeografía galega para dar a coñecer algúns fitos, documentación e monumentos da nosa historia.

A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, a outense Soledad Agra, enmarcou esta peza “dentro da programación de actividades polo Día do Orgullo, que desenvolvemos durante todo o ano”. E, salientou que, con ela, “recuperamos a historia da homosexualidade na Idade Media, cun documental único en Europa”.

A produtora executiva de Nós Televisión e do documental, Rosabel Candal, agradeceulle á Deputación “a confianza” para “abordar por primeira vez a historia da homosexualidade no Reino Medieval en Galego”, un fito que representa “un paso máis en positivo no coñecemento da memoria tanto da diversidade sexual como do propio pobo galego”, dixo, engadindo que “a homofobia non existía do mesmo xeito que na actualidade, pois hai unha serie de pegadas que dan conta de que as relacións entre homes estaban máis normalizadas do que nos pode parecer” .

Carlos Callón sumouse ao agradecemento á entidade provincial para a elaboración dunha peza “que nace de dúas sensibilidades: rescatar a historia do país e a da diversidade”. Trátase, apuntou, “dun traballo colectivo que, dende mañá, pasará a ser de todas e de todos, que trata de recuperar a memoria esquecida, aquilo que está nos documentos pero que non se ve”. Neste sentido, Callón sinalou que “a nosa riqueza documental é inmensa e debemos divulgala”. Ese é, precisamente, o obxectivo deste audiovisual, “o primeiro europeo que fala das unións entre homes na Idade Media”, que contribuirá a “desarmarizar a historia” a través dun percorrido con “auténticos eruditos que nos amosan que outros tipos de masculinidades xa existían no medievo”. E, conclúe dicindo que o documental representa “unha loita pola verdade histórica”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.