Os socialistas de Rianxo apostan por incrementar a participación cidadá, achegar servizos de calidade e converter o concello nun referente comarcal

02 Xullo 2024

Os socialistas de Rianxo emitiron a través do seu voceiro Óscar Rial un comunicado no que resumen os logros do grupo local do PSdG no concello e no que comparten as súas liñas de traballo futuras, as súas aspiracións e obxectivos. Aspiracións como incrementar ao máximo a implicación veciñal, achegar servizos de calidade e, en última instancia, converter a Rianxo nun referente económico, social e cultural da comarca do Barbanza.

No punto dos servizos públicos, o PSOE local recoñece ter “traballado neste primeiro ano de lexislatura para esixir unha limpeza de calidade, optimizando recursos e planificando as tarefas reais e efectivas, un cometido para o cal presentamos unha moción desenvolvendo por completo un proxecto de limpeza viaria”.

Os socialistas tamén presentaron unha moción para optimizar o transporte público: “Solicitamos a gratuidade do transporte en Rianxo, xa que estando ás portas da aprobación duns orzamento, era o momento de tomar decisión en favor dos veciños e veciñas e fomentar o asentamento poboacional e darlles garantías reais dun transporte optimizado”.

O PSOE rianxeiro tamén fai saber que está a a traballar para proxectar novos espazos deportivos, e “instar ao Goberno a modificar o modelo continuista de xestión municipal, sinalan, engadindo que tamén foi proposta a remodelación de parques infantís, garantindo a inclusividade.

Polo que se se refire ás Casas dos Mestres, os socialistas din estar “comprometidos coa finalización do proxecto de recuperación para o seu uso social”, xa que “estamos seguros de que será un proxecto que pechará unha etapa do funcionamento social e asociativo en Rianxo”. Neste punto, din que a devandita será unha das finalidades do POS adicional 2024, “onde xestionaremos uns 293.000€ froito da creación deses espazos de diálogo e froito das propostas de colaboración que lle fixemos ao grupo de Goberno”.

No capítulo do apoio á educación, o deporte e a cultura, o grupo sinala que “somos os promotores dunha proposta de Plan Concilia Bianual e mostramos a necesidade de xerar un espazo xuvenil e mellorar a accesibilidade e seguridade nos colexios; ademais defendemos un modelo de incremento das subvencións aos clubs deportivos e chegamos a acordos para a mellora da seguridade no Pavillón de Rianxo, modificando o sistema da varanda actual”. E engaden: “Somos de novo os impulsores dunha proposta de mellora da accesibilidade ás pistas polideportivas de Rianxo, que de seguro cambiará a forma de uso e disfrute deste espazo”.

No capítulo de impulsos ao emprego e á economía local, os soclalistas sinalan no seu balance que “defendemos o desenvolvemento industrial e o apoio ao comercio local; solicitamos a convocatoria da Mesa de Comercio Local e impulsamos a dotamos de orzamento ás asociacións de comerciantes, aínda que queda moito por facer e mellorar, debemos seguir insistindo en que debemos avanzar noutros modelos de xestión dos recursos municipais”.

No que se refire ás reclamacións ao grupo de Goberno, explícanas deste xeito: “Instamos ao grupo de Goberno a traballar con maior dilixencia e transparencia, abordando as necesidades do concello con políticas efectivas que reflictan as demandas da veciñanza. Debemos mellorar o plan de comunicación que Rianxo en Común propón, xa que os veciños e veciñas están tendo esperas de máis de 45 días para ser atendidos, ou darlles resposta a súa situación. Debemos traballar nunha comunicación de calidade e abandonar a intención de Goberno baseada no que se publica e non no que se fai. Debemos insistir en que gobernar é moito máis intenso e profundo que unha mera exposición de Facebook, cando ademais moitas desas situación que se expoñen como novas, xa se facían nas lexislaturas anteriores, ou son froito dos proxectos xa presentados nas lexislaturas previas. Debemos ser francos e claros cos veciños e non atribuírnos os méritos que non nos corresponden. Os veciños deben valorar e esixir a Rianxo en Común o cumprimento do seu programa de Goberno”.

Os socialistas din tamén que “logo dun ano de lexislatura estamos satisfeitos e orgullosos do programa co que nos presentamos ás elección municipais, xa que é un programa executábel ao 100%, de feito moitas desas propostas están sendo utilizadas por Rianxo en Común, en detrimento do seu propio programa electoral”.

No capítulo de democracia participativa e plural explican que “seguiremos fomentando a participación cidadá e garantindo que todas as voces sexan escoitadas e respectadas. Debemos avanzar cara un futuro onde Rianxo sexa un referente comarcal, e temos que planificar a consecución da rede de saneamento e abastecemento, debera ser un premisa máxima de calquera goberno, comprometerse a que nos vindeiros 8 anos, Rianxo teña uns servizos de calidade”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.