A Pobra despide os cursos de macramé e arte floral impulsados pola Concellería de Participación Veciñal

02 Xullo 2024

A Pobra do Caramiñal despide os cursos de arte floral e o de macramé promovidos pola Concellaría da Participación Veciñal coa finalidade de contribuír a revitalizar o rural, crear comunidade e potenciar o creatividade.

Durante as pasadas semanas, profesionais das florarías ensinaron a elaborar arranxos florais, adornos para estancias, grilandas ou complementos para eventos festivos, entre outros. As clases impartíronse no centro sociocultural do Campiño, no mes de maio, e no da Ribeiriña, no de xuño.

Tamén tivo continuidade o programa Feito coas túas mans coas leccións sobre macramé a cargo de Noites de Datura, no Camiño Ancho. Esta serie de obradoiros artesáns continuarán unha vez finalizado o verán con cerámica, da man de Raposiñas, no muíño da Ponte Barbanza (setembro); madeira, con SonAgasallo, en Santo Isidro (outubro); e xabóns, grazas a Flow de Meiga, na Angustia (novembro). As prazas xa están cubertas na súa totalidade dende a presentación destes obradoiros no mes de abril, que se iniciaron con cestería, baixo a dirección de La Parabólica, no Campiño, e Capixuta, na Ribeiriña.

Outras medidas impulsadas pola Administración local na liña de acadar os obxectivos mencionados son a creación dun xardín veciñal e o exercicio terapéutico baseado no tai-chi.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.