Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira foron alertados ás 22:50 horas de onte dun incendio ocasionado nun poste de alta tensión que partiu pola metade na parroquia ribeirense de Olveira.
A incidencia foi ocasionada polo cable dunha torre de alta tensión partido polo medio e cos extremos no chan, cun deles chispeando e queimado a herba. Extinguido o lume, procedeuse á sinalización da zona e ao traslado da problemática ao persoal responsable do mantemento da liña.
No operativo participou tamén a Policía Local de Ribeira.




