Sentida homenaxe a Os Pequenos de Tállara no campo da festa de San Roquiño

01 Xullo 2024

O campo da festa de San Roquiño acolleu o pasado venres 28 de xuño unha homenaxe ao grupo de gaiteiros Os Pequenos de Tállara, organizada pola Asociación Cultural O Son do Pote e a UNED A Coruña, en colaboración co Concello de Lousame. Unha homenaxe na que tomaron parte Os Jaitas Blue, o grupo de gaitas da Sociedade Liceo de Noia, o grupo de pandeireta da UNED Sénior e o grupo de gaitas O Son do Pote.

O acto estivo presidido pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, quen asegurou que lembrar a persoas como Os Pequenos de Tállara supón facer “un exercicio de memoria moi necesario. Nunca podemos esquecer as nosas raíces e os nosos costumes. A nosa orixe é o que nos define como país e como persoas”. Ademais de pola edil de Cultura, o Concello de Lousame estivo representado polos concelleiros de Economía, Esteban Ares; Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo Nieto; e Seguridade Viaria, Jose Antonio Ces Barreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.