O Concello de Boiro activa o seu Campamento Concilia Verán 2024

01 Xullo 2024

O Concello de Boiro deu comezo este luns 1 de xullo á edición 2024 do seu Campamento Concilia Verán, que se esenvolve en Boiro, Cabo de Cruz, Cespón e Abanqueiro. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, visitaron os distintos centros para coñecer como se desenvolveu a primeira xornada.

Segundo explicaron, o Campamento Concilia de Verán 2024 celébrase entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, agás sábados, domingos e festivos; nas instalacións do CEIP Santa Baia de Boiro, no CEIP Abanqueiro, no CEIP Cespón e no Centro Social de Cabo de Cruz con distintos horarios de chegada para favorecer a conciliación familiar durante a época estival.

“O campamento de conciliación do Concello de Boiro é un excelente recurso para os rapaces e rapazas que poidan realizar a cabo activades lúdicas e formativas durante a época estival e fomentar a conciliación familiar e laboral dos pais”, afirmou o alcalde.

Durante a visita coñeceron como están formados os distintos grupos por idades nos centros e as distintas actividades que van levar a cabo durante o dous meses de verán. “Haberá accións baseadas en técnicas de intervención participativas e activas de xeito que se fomente a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas, programadas en función das idades”, recoñeceu a concelleira.

Participan no campamento máis de 200 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. Para levar a cabo esta actividade o Concello de Boiro ten contratados a un total de 20 monitores e un director para prestar servizo nos catro centros aos distintos grupos de idade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.