A Semana Galega enche de velas a ría de Arousa na súa segunda xornada de regata

29 Xuño 2024

Coa entrada en liza de catro novas categorías, a cita que organiza a Real Federación Galega de Vela reuniu este sábado a máis de 200 regatistas en augas de Vilagarcía. O domingo, xornada final e entrega de premios ás 18:00 horas

20240629 Vilagarcía A frota de Optimist compitindo este sábado na ría de Arousa. © Clara Giraldo


Gran segunda xornada de regatas na ría de Arousa. Ás dúas categorías que se estrearon o venres na Semana Galega da Vela –Optimist e ILCA 4- sumáronse este sábado as frotas de ILCA 6, 420, Vaurien e Radiocontrol, esta última inaugurando tamén o Campionato Ibérico da clase.

Tras unha primeira xornada con ventos do norte, nesta ocasión o Comité de Regatas encabezado por Loli Camba tivo que esperar a que se establecese un Eolo de compoñente oeste-suroeste, condicións que chegaron pasadas as 13:00 horas e que permitiron que todas e cada unha das seis clases en liza sumasen novas probas nas súas marcadoras.

En Optimist, a entrada en xogo do descarte favoreceu ao regatista do CND Riveira Daniel Iglesias, que pasa de ser terceiro a liderar a clasificación xeral cun segundo e un terceiro anotados este sábado e refugando o 11º posto asinado o venres na segunda manga.

Por detrás, a cinco puntos de Iglesias sitúase Miguel Echavarri do RCM Santander, que á súa vez é primeiro da división sub13, e o podio provisional péchao agora Alejandro Alonso do RCN Vigo. En mulleres, a primeira clasificada continúa sendo Carmen Bermejo do RCN Coruña, novena na xeral absoluta.

En ILCA 4, que tamén completou dúas probas este sábado en augas da ría de Arousa, Pedro Núñez do RCN Coruña converteuse no novo líder da xeral con catro puntos tras asinar un primeiro e un segundo posto. Séguenlle a dous e cinco puntos respectivamente Jorge Costas do RCN Rodeira –que tamén selou unha gran xornada cun segundo e un primeiro- e a primeira muller Lucía Vaquerizo do RCN Sanxenxo, que pasa de ser primeira na xeral a situarse no terceiro caixón cuns parciais 6-7 sumados nesta segunda xornada de regata.

A clase 420 inaugurou o seu marcador con tres contundentes vitorias parciais para a tripulación formada por #Luis Wizner e Pablo Paz, que compiten baixo as grímpolas do RCN Vigo e RCN Sanxenxo e sitúanse líderes da xeral cun total de tres puntos.

Por detrás, o segundo posto provisional ocúpano Javier García e Pedro Vecino do CN Mariña Coruña e RCN Vigo (2-2-3) e terceiros son Manuel Pérez e Ulises Romero do RCN Vigo (4-3-2), mentres que as regatistas do RCN Coruña Flavia Rodríguez e Victoria Pintos (3-4-6) son primeiras en mulleres e cuartas na xeral a catro puntos do podio.

En ILCA 6 o podio provisional non podía estar máis axustado cos tres primeiros clasificados separados por só dous puntos. Os mellores do día foron Miguel Rey do RCN Vigo (4-3-1) e Alejandra Peleteiro do RCN Sanxenxo (2-4-2), que empatan a oito puntos na primeira e segunda posición respectivamente con dúas de vantaxe sobre Martín Mijares do CN Mariña Coruña, que é terceiro cuns resultados 1-6-3.

En Vaurien, pola súa banda, liderado provisional da xeral absoluta para Nacho Campos e Yolanda Bastos, que sumaron este sábado dous primeiros e un segundo posto e sitúanse á fronte cunha vantaxe de dous puntos sobre Pablo Cabelo e Óscar Romero do RCN Vigo, que ocupan o segundo caixón provisional cun terceiro, un segundo e un primeiro. Por detrás, terceiros son os tamén vigueses Nicolás González e Martín Pérez (2-3-4).

En mulleres, as primeiras clasificadas son Alba Abril e Carlota Davila do CVF As Pontes e RCN Vigo.

A frota de Radiocontrol, que se xoga tamén esta fin de semana o Campionato Ibérico da clase, completou un total de catorce probas nas inmediacións do Centro Galego de Vela para abrir os marcadores do Campionato Ibérico da clase.

Cun total de seis primeiros postos e outros catro podios parciais na súa marcadora, Ramón Adoitar do Club Maritim Cubelles ponse á fronte da xeral con só un punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, Paulo Gomes do CN Povoense.

Por detrás, a máis de 30 puntos dos dous primeiros clasificados sitúase o tamén portugués Fernando Lacerda no terceiro caixón provisional.

O domingo, última xornada para a cita que organiza a Real Federación Galega de Vela coa disputa das as últimas probas e a definitiva Medal Race, á que accederán 10 regatistas da clase Optimist, seis de ILCA 4, sete de ILCA 6, catro de Vaurien e outros catro de 420.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...