O Centro Arqueolóxico do Barbanza, emprazado en Neixón (Boiro) ofrece visitas guiadas para o verán. A concelleira de Cultura e Turismo de Boiro, María Outeiral, e a arqueóloga Vanesa Lago presentaron as actividades que “buscan promover o centro e tamén dar a coñecer o un dos recursos turísticos mais importantes que temos no concello e que é os Castros de Neixón”.
As visitas comezan o 1 de xullo e desenvolveranse ata o 15 de setembro De xoves a domingo haberá catro visitas diarias ás 11.30h, ás 12.45h, ás 17.30h e ás 18.45h. As visitas serán gratuítas e dun máximo de 25 persoas por orde de chegada, para asegurar praza ou grupos de máis de 10 persoas recomendase reservar previamente.
Ademais das visitas diarias ao Centro Arqueolóxico, programaranse dúas visitas guiadas aos Castros de Neixón. A primeira delas terá lugar o 20 de xullo ás 11.30 horas e a segunda, que será pet-friendly, terá lugar o 27 de xullo ás 11.30 horas.
As visitas son gratuítas e con capacidade limitada, polo que se precisa inscrición previa. Máis información no Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón), o teléfono 647 92 22 10 ou o enderezo electrónico info@centroarqueoloxicodobarbanza.org.




