Ribeira actuará na mellora da organización do mercado dos sábados e vixiará a recollida de residuos

26 Xuño 2024

O Concello de Ribeira traballa para mellorar a organización do mercado semanal dos sábados así como a mellora da recollida dos residuos que se xeran trala súa celebración.

Neste sentido, esta semana mantívose unha xuntanza de traballo na que estiveron o alcalde, os tenentes de alcalde, o xefe da Policía Local e o técnico de mercados.

Nos asuntos abordados na reunión, estaba a mellora da organización dos postos para o cal se dará unha licenza impresa a cada posto que deberá estar visible para garantir que os postos instalados contan con tódolos permisos e autorizacións pertinentes evitando así, que haxa postos ilegais. Ademais disto, farase unha campaña especial para a xestión de residuos por parte dos feirantes que evite que o lixo se disperse polas rúas da cidade ou remate no mar.

O vindeiro sábado 29 repartirase unha carta aos feirantes cunha normativa de obrigado cumprimento para a recollida do lixo xerado pola propia actividade. Ao final da actividadeos feirantes terán que xestionar o lixo durante a actividade de forma que se evite a dispersión pola vila e acabe chegando ao mar. Neste sentido, dende o Concello farán un recordatorio sobre esta obriga e establecerá un maior control, por parte da Policía Local, para asegurar o seu cumprimento.

“O conxunto da cidadanía reclama, dende hai tempo, unha mellora nas condicións de limpeza dos espazos públicos e para conseguila non será suficiente unicamente co traballo de limpeza que realiza a empresa concesionaria deste servizo, senón que
resultará fundamental a implicación de todos e todas” asegurou o alcalde.

O segundo tenente de alcalde, Vicente Mariño manifestou que “xunto co GAEM se está a atopar una maneira de implementar un dron de vixilancia para facer efectiva a nova normativa”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.