A Choqueirada de Verán festexarase na Pobra con disfraces e música

25 Xuño 2024

A Pobra do Caramiñal volverá sacar ás rúas os disfraces no 29 de xuño coa Choqueirada de Verán, organizada conxuntamente polas concellarías da Cultura e da Mocidade.

Pero os singulares atavíos non serán os únicos protagonistas da xornada, xa que a música tamén é un dos elementos centrais. O ambiente festivo comezará a sentirse polo núcleo urbano coa charanga Castrexos, na sesión vermú, para, xa pola tarde, darlle o paso a dous concertos: Leite Con Jalletas, na praza de Maura, ás 19.00 horas, e The Cuncas, nos Xardíns de Valle-Inclán, ás 20.30 horas. E tocará desfrutar da noite da man de Discomóvil Chocolate, na praza Alcalde Segundo Durán, a partir das 22.30 horas.

“Decidimos retomar unha festa que se celebrou na Pobra anos atrás para desfrutar do verán doutra maneira. Queremos potencia-la creatividade da veciñanza a través do formato de deseño e configuración dos disfraces; queremos que as familias e as amizades se disfracen en grupo segundo unha temática da súa libre elección. Así, meses despois do desfile do Entroido, o ambiente vistoso volverá enche-las rúas da Pobra”, declara a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Con esta celebración de arranque do verán tamén se lle ofrecen opcións de ocio no municipio á xente nova, segundo recoñece o edil da Mocidade, Eloy Sobrido. “É unha festa para tódalas idades, pero tamén buscamos que a xuventude teña alternativas de lecer diferentes das que pode atopar nos concellos da contorna.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.