Até o 12 de xullo veciños e visitantes poden visitar unha interesante exposición en Porto do Son, na Casa da Cultura: a mostra Invisibles. Belezas diversas e sen filtros de mulleres usuarias de DomusVI Bóveda. Foi inaugurada este venres 21 de xuño pola concelleira de Cultura, Alicia Martínez.
A proposta vén da man de Carmen Vázquez Fernández (educadora social) e Carolina Cotón Díaz (fotógrafa). Organiza o Concello de Porto do Son.
A mostra Invisibles foi realizada por 14 usuarias da residencia para persoas con discapacidades xestionada por DomusVi en Bóveda, na provincia de Lugo. Nas imaxes as mulleres mostran toda a súa beleza, sen barreiras nin filtros. A exposición reivindica e visibiliza ás mulleres con discapacidade que viven nos centros residenciais, grandes esquecidas e invisíbeis.




