O Camiño a Santiago da ría de Muros Noia continúa sumando apoios internacionais

25 Xuño 2024

A localidade de Bodø, na rexión de Nordland (Noruega), acollerá o próximo mes de xullo os Via Querinissima Days, unhas xornadas dedicadas á figura de Pietro Querini, navegante veneciano que a mediados do século XV fixo unha viaxe dende a illa de Creta ata o Círculo Polar Ártico durante a que deixou perfectamente documentada unha peregrinación de Muros a Compostela. No evento vai participar a presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde, xunto ao director artístico da Escola de Danza Oitos (Noia), a súa coreógrafa, Vero Martínez, e a bailarina principal, Antía Queiruga.

Isto é así porque a Escola de Danza Oitos, co apoio da Concellería de Cultura de Noia, desenvolveu unha obra inspirada na viaxe de Pietro Querini, un traballo que espertou o interese da Regione del Veneto, que acordou sufragar os gastos para trasladar a Bodø aos directores da escola noiesa e á alumna Antía Queiruga, quen realizará dúas actuacións durante as xornadas: o xoves 18 de xullo, ás 12:30 horas, e o venres 19 de xullo, ás 17:30 horas.

A presidenta da Asociación, Teresa Villaverde, e o concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez, mantiveron un encontro con Antía Queiruga e con Vero Martínez, coreógrafa da Escola de Danza Oitos, para preparar o espectáculo de danza e felicitalos polo seu traballo, que pon en valor a figura de Pietro Querini. Serán dous primeiros adiantos desta obra, que será presentada oficialmente en Santiago de Compostela o próximo outono.

Reunión da Asociación en Noruega

Os artistas noieses estarán acompañados por Teresa Villaverde, quen participará na asemblea anual da Asociación Vía Querinisima, da que forma parte a dita Asociación. Así mesmo, tomará parte nas reunións cos representantes dos organismos públicos e privados que integran a Asociación para analizar os avances na candidatura conxunta da Via Queirnissima a itinerario cultural europeo do Consello de Europa e as accións culturais e promocionais que se organizarán en toda Europa.

Entre esas accións culturais destaca, precisamente, o estreo do espectáculo de danza baseado na historia do Camiño de Santiago da ría de Muros Noia, que se estreará o vindeiro outono en Compostela. Un acto ao que xa comprometeron a súa asistencia representantes políticos da Regione del Veneto, da cidade de Venecia e do condado de Norland.

Finalmente, durante a súa estancia en Bodø, Teresa Villaverde ten previsto reunións para analizar o estado do proxecto de rehabilitación do itinerario de Pietro Querini en Galicia, que coincide ao 100% co traxecto do Camiño de Santiago da ría de Muros Noia.

Via Querinissima Days

Os Via Querinissima Days están organizados polo condado de Nordland, a Asociación Vía Queriníssima e o municipio noruegués de Bodø, no que será o seu primeiro evento como Capital Europea da Cultura 2024. Tres días de reunións e eventos na honra ao navegante veneciano no medio da espectacular contorna do ártico e da sorprendente natureza de Nordland, co seu famoso sol de medianoite.

Pietro Querini (1400-1448) foi un mariño e comerciante que pertencía a unha das familias máis importantes da Venecia do século XV. No ano 1431 emprendeu unha viaxe comercial a bordo da nave Querina que se convertería, de forma accidental e froito dos imprevistos do itinerario, nunha das viaxes máis importantes para Italia e para a documentación histórica do Camiño de Santiago pola ría de Muros Noia. Por unha banda, Querini documentou e debuxou o itinerario seguido ata a illa de Rost (Noruega), o que hoxe se coñece como a Vía Querinissima: a ruta que abriu un novo camiño á comercialización do bacallau en Italia. Por outra, deixou perfectamente documentada unha peregrinación de Muros a Compostela, que define o punto de inicio do Camiño da ría de Muros Noia.

A Asociación Internacional Vía Querinissima é unha entidade cultural sen fins de lucro constituída tras dez anos de duro traballo: primeiro cun acordo de amizade entre os municipios de Rost (Noruega) e Sandrigo (Italia) e despois un acordo de cooperación cultural e económica entre as rexións de Nordland e Véneto. Unha iniciativa que aspira a obter a certificación do Consello de Europa como ruta cultural internacional. A asociación está integrada tanto por organismos públicos e privados de Italia, Noruega, Suecia, España e Grecia.

O seu itinerario, denominado Vía Querinissima, inclúe dúas rutas: por mar (a primeira parte da viaxe de Pietro Querini que acabou en naufraxio e que pasou por Muros) e por terra (cando retornou a Venecia co seu cargamento de bacallau). En ambos os dous casos, a asociación promove un turismo cultural e enogastronómico pausado e sostible que une cidades e rexións de trece países distintos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.